Selecciona o teu idioma
Proporcionarémoslle unha visión clara para optimizar as súas decisións financeiras
Co noso servizo de asesoría contable en Pontevedra encargámonos de organizar, rexistrar e analizar a información económica e financeira dunha empresa ou particular, garantindo que cumpran coas súas obrigas contables e fiscais.
O obxectivo de Gabinete Esperón é ofrecerlle unha visión clara da súa situación financeira para facilitar a toma de decisións e optimizar a súa xestión económica.
Axudámoslle a poñer en funcionamento e manter un sistema contable adecuado ás necesidades específicas do seu negocio.
Traballamos na elaboración e legalización dos libros oficiais obrigatorios para a súa empresa, garantindo a súa validez legal.
Revisamos o rexistro sistemático e preciso de todas as operacións económicas e financeiras, reflectindo a actividade da súa empresa.
Solicite xa unha cita en Gabinete Esperón e poña a súa empresa ou negocio en mans de profesionais. Estamos aquí para axudarlle, confíe no noso equipo de asesores.
Solicite cita agora
Levamos a cabo a preparación e presentación das contas anuais no Rexistro Mercantil: balance de situación, conta de perdas e ganancias, estado de cambios no patrimonio e de fluxos de efectivo e memoria.
Encargámonos da xestión, cálculo e presentación de todas as declaracións trimestrais e anuais de IVE e IRPF, para garantirlle o correcto cumprimento fiscal da súa empresa e evitar posibles problemas.
Encargarémonos de rexistrar todas as operacións económicas (ingresos, gastos, compras, vendas) da súa empresa, da elaboración do libro diario, o libro maior, os balances e as contas de resultados.
En Gabinete Esperón cando levamos a cabo traballos de xestión contable, solicitaremos datos da mercantil, tráfico de facturas emitidas e recibidas, e os extractos bancarios.
Os asentos contables son as anotacións individuais que rexistran cada operación económica dunha empresa. Os libros contables son os documentos físicos ou dixitais onde se agrupan e organizan estes asentos de xeito sistemático e cronolóxico.
Non contar cun correcto asesoramento contable pode expoñer a súa empresa a serios riscos financeiros e legais. Sen unha contabilidade precisa, pode cometer erros nas declaracións de impostos que dean como resultado multas e sancións, ademais de tomar decisións financeiras erróneas por falta de datos claros. Mesmo pode limitar a súa capacidade de crecemento e poñer en perigo a estabilidade e a viabilidade a longo prazo da súa empresa.
Non agarde máis para contratar os servizos de Gabinete Esperón. Sexa cal for o tamaño da súa empresa, poderemos axudarlle a xestionar a súa contabilidade. Agardámolo!
Chámenos para dubidas